top of page

Frades solicitará á Xunta que cubra as prazas de médicos no concello



O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro Marzoa, manterán o próximo mércores 5 de xullo unha reunión co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para darlle traslado da necesidade de cubrir as prazas de médicos no municipio.

A entrevista foi solicitada despois da toma de posesión da nova corporación municipal para tratar sobre a cobertura da praza do médico recentemente xubilado no centro de saúde de Ponte Carreira, Juan López Villasente, así como a situación da praza da médica Ana María Gutiérrez, do consultorio de Abellá, declarada en servizos especiais. “Queremos trasladarlle en persoa as xustas reclamacións que nos fan os veciños e veciñas de Frades, solicitar a rápida cobertura da praza de Don Juan e buscarlle unha solución aos meses de ausencia de Dona Ana”, explica Rey Martínez.

Durante a reunión, Roberto Rey e Manuel Ferreiro insistirán na necesidade de asinar canto antes o convenio de colaboración entre o Concello de Frades e a Consellería de Sanidade para o arranxo do centro de saúde de Ponte Carreira, onde a actuación se centrará na mellora da súa cuberta, e do consultorio de Abellá.

Comments


bottom of page