top of page

Frades subvencionará parte dos gastos dos seus maiores en oftalmoloxía, audioloxía ou odontoloxía


O concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro, explica que “seguimos o camiño iniciado nos últimos anos en Frades e que nos levou a ser un dos municipios que máis inviste en servizos públicos en Galicia. Consultamos ao persoal dos Servizos Sociais e detectaron que había certa necesidade á hora de adquirir gafas e audífonos, así como á hora de facer algún tratamento odontolóxico, polo que decidimos poñer en marcha este programa de axudas”.

 

Os requisitos necesarios para poder acceder a estas axudas son: ter máis de 65 anos ou ter en vigor unha discapacidade igual ou superior ao 33%, ter uns ingresos inferiores ao 90% do IPREM por persoa (540 euros neste ano 2024), residir e estar empadroado en Frades cunha antigüidade mínima de 6 meses e precisar de gafas, audífonos, próteses dentais ou implantes. Os importes máximos das axudas serán de ata 500 euros (lentes), ata 2.000 euros (audífonos, cun máximo de 2 unidades), ata 1.500 euros (próteses dentais) e ata 2.000 euros (implante dental).

Comments


bottom of page