top of page

Galicia supera os 8000 casos activos de COVID-19



A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.250. Deles 1.944 son da área da Coruña, 778 da de Lugo, 1.040 da de Ourense, 758 da de Pontevedra, 1.484 da área de Vigo, 1.679 da de Santiago, e 567 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 71 están en UCI, 397 en unidades de hospitalización e 7.782 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 59.725 persoas curadas, rexistrándose 1.450 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.184.921. Ata agora administráronse 27.004 doses da vacina.


Por concellos, a situación da comarca de Ordes é a que segue: Cerceda, Mesía, Frades, Trazo e Oroso teñen incidencias acumuladas por riba dos 250 casos por cada 100.000 habitantes na última quincena. A incidencia en Ordes e Tordoia está entre 150 e 250. Por casos coñecidos, e a data do pasado venres, había 21 en Oroso, 6 en Frades e 7 en Tordoia. Non se coñece o número exacto de casos activos no resto dos concellos, unicamente as marxes entre as que se move a cifra.


En Trazo, e debido á aparición dun caso positivo entre o persoal municipal, hoxe as instalacións do Concello permanecerán pechadas por labores de desinfección. Tras realizarse as probas pertinentes non se detectou ningún contaxio entre o resto de traballadores.

Comments


bottom of page