
A desescalada continúa en Galicia de forma gradual e paulatina por territorios. Aínda que a Xunta non fixo públicas as medidas específicas de cada concello, deu unha serie de indicacións xerais atendendo á incidencia acumulada. Todas as medidas entran en vigor a partir deste venres 26 de febreiro.
Nos concellos con incidencia superior a 500 a 14 días por 100.000 habitantes manterán as restricións actuais.
-Mobilidade só no concello -Hostalería pechada -Só conviventes
Nos concellos con incidencia entre 250 e 500 a 14 días:
-Mobilidade entre estes municipios e só interna en cada área sanitaria da Coruña, Ferrol e Pontevedra -50% terrazas ata as 18,00 h -Ata 4 non conviventes -Deporte: grupos máx. 4 e apertura de instalacións deportivas
Nos concellos con incidencia inferior a 250 a 14 días:
-Mobilidade entre estes municipios -30% en interior e 50% en terrazas ata as 18,00 h -Ata 4 non conviventes -Deporte: grupos máx. 4 e apertura de instalacións deportivas
Polo momento, no último grupo entrarían Cerceda, Trazo, Oroso e Mesía, mentres en Tordoia, Ordes e Frades continúa a incidencia por riba dos 250 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días.
Toda Galicia segue pechada perimetralmente. As clases presenciais na universidade retomaranse o luns 1 de marzo, despois de ofrecerlles un cribado aos alumnos ao longo desta semana. A vindeira fin de semana poderán volver abrir os centros comerciais.
Comments