top of page

Grande éxito de Enma Campelo Mallo (Club Xadrez Oroso) no Torneo das Letras Galegas en Carballo



O pasado mércores desputouse en Carballo o Torneo das Letras Galegas que contou con gran participación de xogadores e xogadoras chegados de toda Galicia. Dende o Club Xadrez Oroso cualificaron de "impresionante" o torneo dunha das súas xogadoras, Enma Campelo Mallo. Con só 11 anos foi a Campioa absoluta e empatada co cuarto clasificado da categoría mixta absoluta, nun torneo no que participaban máis de 100 persoas.


Enma desputou a súa última partida na mesa 2 enfrontándose ó Subcampión do Torneo. Rexistrou unha subida de ELO de máis de 137 puntos tan só neste torneo. "A súa progresión en pouco máis de ano e medio deíxanos sen palabras", explican dende o club.


Tamén salientan a gran participación da súa irmá Zaira Campelo Mallo, que quedou 3ª na categoría sub10.


O Club Xadrez Oroso estivo representado neste Torneo de Carballo por 5 membros: Zaira, Enma, Martín Antelo Otero, José Martín Mallo e Jesús Campelo.

Comments


bottom of page