top of page

Homenaxe a Protección Civil polo seu labor na pandemia


O alcalde do Concello de Oroso, Luis Rey Villaverde, participou o sábado nunha emotiva homenaxe ás agrupacions de Protección Civil da provincia da Coruña celebrado en Carballo.


“O seu labor é moi importante desde hai moitos anos, pero quero destacar o seu traballo durante a pandemia do coronavirus; desde o primeiro momento, nas semanas máis duras de confinamento, as persoas que forman parte de Protección Civil en Oroso estiveron en primeira liña”, lembra o alcalde de Oroso.

“Levaron comida e medicamentos ás persoas que viven soas, axudaron nas tarefas de limpeza e desinfección ou no reparto de máscarillas, nuns días de moito temor e incertidume nos que era duro estar fóra da casa”, engade Luis Rey.


No acto do sábado recoñeceuse o traballo das 72 agrupacións de Protección Civil da provincia.

Comments


bottom of page