top of page

Homenaxe en Frades a María Elena Casas Mirás, practicante no centro de saúde, pola súa xubilación



O alcalde e o equipo de Goberno do Concello de Frades queren agradecer a María Elena Casas Mirás o seu traballo como practicante no municipio durante os últimos 39 anos. O concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro Marzoa, desprazouse ata o centro de saúde de Ponte Carreira para facerlle entrega un ramo de flores e un agasallo en nome do Concello a Elena Casas, de quen dixo que “é un exemplo de profesionalidade, traballo e constancia. Grazas por todos estes anos de dedicación e feliz xubilación”.

Comments


bottom of page