top of page

Ignacio Vilar presenta en Oroso 'María Solinha'



O Concello de Oroso acolle este domingo, 14 de marzo, na Alameda de Góis ás 19:45 horas, a estrea de ‘María Solinha’, un filme de Ignacio Vilar (A esmorga, 2014), coa muller e o galego como protagonistas absolutos.

Vilar, que estará na proxección do domingo para presentar a película ante os asistentes, estivo esta mañá no Concello de Oroso, xunto o alcalde, Manuel Mirás, a concelleira de Muller, Isabel Fernández, e a de Sanidade, Beatriz Rodeiro.

“Quería facer unha película sobre un problema que continúa na actualidade, o do machismo e a violencia contra as mulleres, e coñecín esta historia”, explica Ignacio Vilar, moi satisfeito da acollida nas sesións de autocine e ao exterior en verán, “que compensan o peche das salas de cine”. O director leva á gran pantalla a lenda dunha muller icónica, condenada pola Inquisición, cun relato que se move entre o século XVII e o XXI. Grial Montes e Laura Míguez protagonizan a versión contemporánea da lenda dunha figura visionaria cuxo anhelo de liberdade a converteu en icona feminista. O aforo é limitado. A reserva de prazas para os vehículos farase na web www.autocine.gal

Comments


bottom of page