Inaugurado o albergue na antiga estación Cerceda-Queixas
- Crónicas da comarca
- 28 mar 2023
- 1 Min. de lectura

O domingo á mañá celebrouse a inauguración do albergue situado na antiga estación Cerceda-Queixas cun éxito de asistencia. O evento iniciouse ás 10h cunha andaina circular, coa posterior presentación das instalacións e un ágape para finalizar a xornada. O Concello agradeceu a asistencia a toda a veciñanza que se achegou ata o lugar.

Comments