O Club Atlética A Silva Ordes arrincou o mes de xullo coa participación da atleta María Pena no Campionato Sub23 Nacional. Pena, con ficha do Celta Feminino e retornada dos Estados Unidos, acadou unha cuarta posición que procurará mellorar no campionato absoluto, dentro de poucas semanas.
Pola súa banda, Alejandro Rey desputou o Campionato Sub18 nacional en Xixón, onde tivo un gran desempeño e acadou a décimo terceira posición, nunha xornada de alto nivel.
Finalmente, a atleta Paula Noya desputou o campionato Sub20 Galego, celebrado en Santiago de Compostela o 9 de xullo. Proclamouse campioa na proba dos 400 metros lisos.
Comments