top of page

Intentos de estafa telefónica en Oroso



O Concello de Oroso tivo coñecemento, a través de varios veciños e veciñas, de varios intentos de estafa no municipio. Informan de que nos últimos días hai persoas que chaman aos domicilios en nome do concello ou o centro de saúde. Coa excusa de interesarse pola situación persoal dos veciños, as persoas que realizan as chamadas piden datos persoais para unha enquisa ou estudo. O Concello lembra á veciñanza de que nin dende a Administración local nin dende o centro de saúde estan a chamar aos veciños de Oroso e que se trata dun timo. Ante calquera dúbida, lembran, "mellor chamar ao concello antes de dar calquera tipo de dato persoal".

Comments


bottom of page