ITV agrícola en Frades en marzo e abril
- Crónicas da comarca
- 12 feb 2021
- 1 Min. de lectura

O Concello de Frades informa de que a unidade móbil nº 3 da itv virá dúas veces a Frades nos próximos meses. Estará nas seguintes localizacións:
-Explanada do campo de fútbol de Abellá, 25 e 26 de marzo e 7 de abril en horario de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 horas.
-Explanada da área recreativa "Os Pasos" de Aiazo, o 8 e 9 de abril, no mesmo horario.
Pódesesolicitar cita previa no 902 30 90 00 ou na web www.sycitv.com.
Comments