José María Fontela, crego de Viladabade, oficiou a súa misa de despedida tras 60 anos
- Crónicas da comarca
- 16 feb 2022
- 1 Min. de lectura

O pasado domingo a igrexa de Viladabade (Tordoia) acolleu unha emotiva misa de despedida ao párroco D. José María Fontela, que pecha así 60 anos de dedicación nesta parroquia e tamén nas de Tordoia e Andoio. A misa foi oficiada polo propio párroco homenaxeado, e estivo acompañado polo seu substituto, Don Manuel Chouciño.
A xornada foi de especial recoñecemento para a figura do crego por parte da veciñanza e do Concello, que lle agradeceu o seu labor.
Comentarios