top of page

Lembranzas do Tambre de Oroso fai unha campaña de captación orixinal


A Asociación Folklórica Lembranzas do Tambre de Oroso, acaba de lanzar a través das súas redes sociais, unha chamativa campaña de captación de socios que reinterpretan a estética dos populares carteis da muller traballadora ou do recrutamento do Tio Sam dende un punto da vestimenta tradicional galega.

A través dos debuxos realizados pola artista local, Almudena Sánchez, procuran ampliar a súa base social, de maneira que permita manter o dinamismo que ten a asociación, a cal de acordo co que indican nos seus estatutos, procura a defensa da cultura popular galega e o seu folclore.

Lembranzas do Tambre fundouse en Sigüeiro a finais do ano 1983, poñendo as bases do que có tempo consolidouse como unha asociación de referencia na comarca con 40 anos de traxectoria de maneira interrompida.

Comments


bottom of page