Dende hoxe poden solicitarse de novo, por parte das persoas interesadas, as autorizacións para queimas en terreos forestais, así como efectuar as comunicacións para as rexistradas en parcelas agrícolas. A Consellería do Medio Rural levanta así a suspensión de realizar queimas nos terreos rústicos que permanecía vixente dende o pasado día 1 de xullo, data de inicio da época de alto risco de lumes, unha tempada que rematou onte.
Para realizar a tramitación existen dúas vías. Ou ben chamar ao teléfono 012 ou ben empregar a vía telemática.
Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, cómpre lembrar que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.
Comments