A pasada noite propagouse un lume no cadro eléctrico dunha nave de reciclado de plástico de Cerceda.Foron os propios traballadores quen, pouco antes da unha e media da madrugada, deron aviso ao 112 Galicia deste lume que, segundo sinalaban, afectaba aos cadros eléctricos do recinto, pero non se estendía máis alá.
Con estes datos, de xeito inmediato, os xestores do 112 Galicia informaron aos Bombeiros de Cerceda, ao Servizo Municipal de Protección Civil da Localidade, á Garda Civil e aos servizos sanitarios. Ademais, desde o CIAE-112 Galicia tamén se comunicou este incendio a Augas de Galicia.
Cando os efectivos chegaron ao punto solicitaron a colaboración doutra dotación de bombeiros, polo que tamén se trasladaron ata o punto os equipos de extinción de Ordes e de Arteixo.
Ao remate das súas tarefas, os bombeiros confirmaron que arderan os cadros eléctricos dunha sala, sen chegar a propagarse a outras zonas da nave e, afortunadamente, ningunha persoa se viu afectada.
Comments