top of page

Máis de 30 nenas e nenos participan no Campamento de Nadal de Frades



Os Campamentos Municipais de Nadal que organiza o Concello de Frades arrincaron esta semana e estenderanse ata o 5 de xaneiro. Neles participan 32 nenas e nenos. O programa oriéntase á conciliación da vida laboral e familiar e desenvólvese no CPI de Ponte Carreira. Nestes días de vacacións, a rapazada está a desfrutar de xogos, obradoiros, contacontos, actividades deportivas e moitas sorpresas de Nadal. Colaboran co Concello de Frades a Xunta e mais a Deputación.



Comments


bottom of page