As persoas asistentes desfrutaron de inchables, obradoiros para os máis pequenos, un concorrido fotomatón de Entroido e animación musical da man de Mickey e Minnie Mouse. A maiores, o Concello de Frades convidou aos presentes a flocos de millo e a chocolate quente con bica. E, unha vez rematada a entrega de premios do Concurso de Disfraces, todas as crianzas levaron cadansúa bolsa de lambonadas para a casa.
No que atinxe ao Concurso de Disfraces, repartíronse 1.200 euros en premios entre a vintena participantes nas distintas categorías. O gran premio da noite, os 300 euros do primeiro premio da categoría xeral grupo foi para a comparsa ordense “Cofradía da Santa Estrela”. O segundo premio foi para os “Oompa Loopa” e o terceiro para “Ochenteras”, distinguidas con 150 e 75 euros cada unha.
O Concello de Frades entregou tamén tres premios especiais á tres grupos locais:
“Conguitada mesonera”, “Canteiros Dinos Park” é “Million Dollar Roxy”, de 125, 75 e 50
euros, respectivamente. A categoría adultos completouse cos premios individuais a “Laura e
chispillas” e “A pintona peleona”, que levaron 100 e 50 euros.
Finalmente, na categoría grupo infantil os tres premios quedaron en Frades: “Os forzudos de Frades”, “Lavanderitas” e “Os boxeadores olímpicos de 6º”, que conseguiron 100, 60 e 30 euros de premio. “Cupcake” e “Desayuno con diamantes”, ambas de Frades, levaron o
premio na categoría individual, con 60 e 30 euros.
Comments