A Deputación da Coruña mellorará a seguridade viaria no concello de Oroso coa construcción dunha senda peonil de máis de un quilómetro na estrada provincial DP-3802 de Ordes a Pontecarreira. O proxecto enmárcase na segunda fase do plan de sendas peonís da Deputación que foi aprobado por unanimidade no pleno provincial celebrado esta mañá. “Estamos moi satisfeitos, é unha senda moi importante para Marzoa e para o día a día dos seus veciños”, afirma Luis Rey, alcalde de Oroso.
Durante a execución das obras, co fin de preservar a seguridade viaria, executaranse as tarefas primeiro por unha marxe e posteriormente pola outra, de modo que en todo momento se manterá en servizo un carril para o tráfico rodado.
O tramo no que se actuará comprende desde o punto quilométrico 7+420 ata o 8+450. A senda contará cunha anchura de 1,8 metros e discorrerá pola plataforma existente, inicialmente pola marxe dereita no núcleo de Carballal, para logo cambiar de marxe á altura do local social de Marzoa, onde se conectará co camiño existente para peóns.
As tarefas tamén inclúen a canalización de pluviais mediante tubaxe de PVC e a correspondente execución de sumidoiros, pozos e arquetas necesarias, así como a canalización mediante tubaxe de polipropileno para a iluminación pública.
A actuación contará con 210.514 euros de presuposto, dos que 9.246,94 euros serán empregados para levar a cabo as expropiacións pertinentes.
Durante a execución das obras, co fin de preservar a seguridade viaria, executaranse as tarefas primeiro por unha marxe e posteriormente pola outra, de modo que en todo momento se manterá en servizo un carril para o tráfico rodado.
Comments