top of page

Máis dunha vintena de profesionais participaron na segunda xuntanza da Mesa Local de Cordinación Interinstitucional da Mancomunidade

O salón de plenos do Concello de Ordes acolleu a segunda xuntanza da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, logo da súa constitución o pasado mes de maio. Nesta reunión participaron máis dunha vintena de profesionais de distintos ámbitos implicados na loita contra a violencia de xénero, entre eles profesionais da seguridade, dos eidos educativo e social, así como do ámbito sanitario.


A mesa foi presidida pola presidenta da Mancomunidade de Ordes, Susana García, e contou coa asistencia do director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba Alvedro, quen resaltou a importancia de contar cun foro de coordinación no marco da loita contra a violencia de xénero. Pola súa banda, a presidenta da Mancomunidade puxo en valor o funcionamento dunha iniciativa xurdida hai case un ano que se está a consolidar como unha ferramenta fundamental na comarca para facer fronte a unha lacra como é a violencia de xénero, ofrecendo un espazo no que os distintos actores sociais poidan traballar conxuntamente e abordar esta problemática.


Durante a xuntanza, expuxéronse os temas tratados nos diferentes grupos de traballo interdisciplinares creados no marco da MLC e definíronse as liñas de acción a desenvolver nos vindeiros meses. A MLC avanza cara a un ano de logros en materia de igualdade No mes de maio cumprirase un ano desde a constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional da Mancomunidade de Ordes. Encabezada pola presidenta da Mancomunidade, durante este primeiro ano de funcionamento constituíronse diversos grupos de traballo de carácter técnico para abordar as dificultades e mellorar a coordinación entre o persoal dos diferentes ámbitos representados.

留言


bottom of page