
O ex alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, vén de tomar hoxe posesión do seu escano de senador tras ratificar o acatamento da Constitución no Pleno do Senado en Madrid. Mirás Franqueira concorrera como suplente nas eleccións xerais de novembro de 2019 pola Coruña e chega á cámara en substitución do socialista Antonio Vázquez logo da renuncia deste.
Manuel Mirás Franqueira naceu en Ordes en 1955. Dende 1983 estivo ligado ao Concello de Oroso, como concelleiro inicialmente e como alcalde de 1991 a 1993 e dende 2001 ata maio deste ano. Foi deputado provincial entre 1988 e 1991 e novamente de 1999 a 2003. Entre 2015 e 2019 exerceu, ademais, como vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEGAMP).
Dentro do PSOE provincial exerce o cargo de Secretario de Política Municipal.
Comentários