top of page

Manuel Mirás presentou en Sigüeiro o seu libro ‘Caña de Bambú. De la dictadura a la democracia’



O exalcalde de Oroso e senador Manuel Mirás Franqueira, actual presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, presentou onte en Sigüeiro o seu libro ‘Caña de Bambú. De la dictadura a la democracia’ ante un ateigado auditorio do Centro Cultural Fernando de Casas Novoa. No libro, o exrexedor repasa a súa vida e a sociedade na que se criou, así como a s úa traxectoria política e empresarial, a través de varias vivencias e anécdotas.



“Relato as dificultades dunha familia na que éramos nove irmáns e o meu pai morreu cando eu tiña un ano, a escola durante a dictadura franquista, a relación coa igrexa católica ou a emigración”, explica Manuel Mirás. “E por suposto de todo o vivido como emprendedor e político, pero sempre desde as anécdotas persoais e con sentido do humor”, engade. “Duante anos fun escribindo cousas en bruto e as amigos animáronme a darlle forma e recopilalas nun libro”, remata.

Comments


bottom of page