top of page

María Estévez, do Atlética-A Silva Ordes, subcampiona galega 600 m lisos no Sub 16 de Pista Cuberta



No Campionato Galego Sub16 de Pista Cuberta, que tivo lugar en Ourense na pasada fin de semana, María Estévez, do Club Atlética-A Silva Ordes, conseguiu proclamarse subcampiona de Galicia cunha fantástica marca en 600 metros lisos, rexistrando un tempo de1:40. Con este resultado ten vía libre para o Campionato de España en Sabadell.


O club aínda acadou outras dúas medallas. Antía Calviño foi Bronce en Salto de Altura con 1,38 metros, e Lara Liste acadou a mesma posición en Triplo Salto con 9,61 metros.


Pola súa banda, Alejandro Rey foi cuarto en Peso, cun lanzamento de 10,70 metros. En probas combinadas, a sexta praza foi para Noa Rey con 2.256 puntos e a undécima para Ícia Ares, que se estreou na modalidade acadando 1.661 puntos.

En Valos, Luis acadou a sétima posición en 60 metros. Lara Lista foi tamén sétima en Lonxitude, coa mesma posición para Alba García en Pértega. Xiao e Luis foron sétimos en Salto de Altura.


As oitavas prazas foron para Antón en Pértiga e Triplo Salto e Raúl Gude en Lonxitude.

Ademais, representaron ao clube Paula Fernández (na final de 60 metros lisos), Carla Vilariño, en 60 metros valos, e Alejandro González e Daniela en 60 metros lisos.

コメント


bottom of page