O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, vén de se reincorporar ás súas funcións logo de superar a COVID-19. Polo momento, o rexedor está a teletraballar, pero prevese que regrese ao Concello o vindeiro mércores, 2 de decembro.
Martínez Sanjurjo tivera que ceder temporalmente os poderes por doenza, tal como reflectiu o Boletín Oficial da Provincia. O pasado día 13 sóubose que fora ingresado por unha neumonía derivada dunha infección por COVID-19. A primeira tenente de alcalde, Ana Soneira, asumiu as súas funcións durante a enfermidade.
Comments