top of page

María Pena, ouro en Pamplona


ree

A atleta María Pena, integrante do Club Atlética A Silva-Ordes, conseguiu o primeiro posto no Lanzamento de Xavelina feminino no Campionato de España de Federacións Autonómicas Sub18 en Pamplona que tivo lugar esta fin de semana. Pena conseguiu unha marca de 42.01, por diante da rioxana Leire Navaridas Saenz, quen foi segunda con 41.77. A atleta foi parabenizada polo Concello de Ordes pola súa actuación.


Comentarios


bottom of page