top of page

Mateo Boudjenane, do Boudsport, 2º na súa categoría no Open de España de Taekwondo en Benidorm



O Club Boudsport de Taekwondo informou hoxe de que o deportista Mateo Boudjenane Liñares, que hai 15 días acadaba a quinta posición no Open de Bélxica na categoría de -69 junior, conseguiu ser segundo esta fin de semana na categoría junior -63 do Open de España de Benidorm. Boudjenane superou tres roldas de combate e só cedeu na final. Nun Open de participación masiva, con 1.300 deportistas de 289 equipos internacionais, Abril Viqueira Pose, Alba Rey Franqueira e Pablo Figueira Marzoa acadaron un 5º posto, e Sara Soneira Balado o 9º.




Comments


bottom of page