top of page

Melloras no pavimento do polígono de Sigüeiro



O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o polígono empresarial de Sigüeiro en Oroso. Alí, a Xunta investiu máis de 66.000 euros para levar a cabo a mellora do pavimento na rúa Otero Pedrayo. O Goberno galego achega arredor do 80% do orzamento e o resto, ata os 82.767 euros, correu a cargo do Concello. A administración local foi tamén a encargada de contratar e de executar a actuación. En concreto, levouse a cabo o fresado e posterior pavimentación do vial e o pintado posterior das liñas brancas, illas e pasos de peóns.

Commentaires


bottom of page