O Concello de Mesía ofrece a aquelas persoas que queiran "sorprender nestas datas cun menú sinxelo e orixina" a posibilidade de anotarse no obradoiro de cociña que impartirá o cociñeiro Manuel Garea. Será os sábados 11 e 18 de decembro entre as 10.30h e as 12.30h na Casa de Cultura. O prezo por ambas as dúas sesións é de 20 euros.
Para anotarse, as persoas interesadas deben chamar ao 981687241 ou 981687001 (extensión 3). O prazo remata o día 9 de decembro.
Kommentare