top of page

Mesía baixa a alerta amarela

Actualizado: 4 nov 2020



Leve mellora nos datos da COVID-19 na comarca de Ordes. Mesía baixa de alerta laranxa a amarela polos datos acumulados da última semana. Iso significa que na actualidade está a detectar entre 7 e 14 casos semanais, isto é, de un a dous ao día de media.

É a única mudanza de importancia nos datos comarcais. Polo resto, mantéñense as incidencias da doenza no resto de concellos.Ordes, Oroso e Cerceda están en alerta naranxa. Nestes municipios son detectados, semanalmente e vía PCR, de 14 a 21 casos novos. Pola súa banda, Tordoia, Trazo e Frades seguen en verde e detectan menos de sete casos semanais.

Nas últimas 24 horas, Galicia sumou 682 casos detectados por PCR, ata os 7.535 casos activos.

コメント


bottom of page