Mesía celebrá unha festa de Entroido o sábado 26
- Crónicas da comarca
- 15 feb 2022
- 1 Min. de lectura

O Concello de Mesía presentou hoxe a programación para este antroido. Así, o día 25, venres, levará actuacións ós coles do municipio (CPI Xanceda, unitaria de Olas e unitaria de Visantoña, e o PAI Punto de atención a infancia) para que todos os nenos e as nenas poidan desfrutar con maxia contos e moitas risas.
Ao día seguinte, 26 de febreiro, dende as 16:30 haberá festa de entroido no Pavillón de Xanceda. A festa contará con Futbolín humano e coches a pedais fóra do pavillón (se o tempo o permite) e dentro inchables, obradoiros ou un fotomatón.
O desfile das nenas e nenos disfrazados será ás 17:30 e recibirán un agasallo pola súa participación.
Para acudir á festa fai falta anotarse, sinalando se se vai vir con disfraz e indicando nome e idade. O Concello pide a colaboración das persoas asistentes respecto á normativa COVID-19.
Comentários