top of page

Mesía compite para ser "Pueblo Agrícola del Año" nos Premios Pueblo del Año Galicia



O Concello de Mesía anunciou hoxe que o municipio é finalista dos Premios Pueblo del Año, na categoría de Mejor Pueblo Agrícola. Este certame é unha iniciativa do grupo Prensa Ibérica e pretende visibilizar, coidar e impulsar o rural español.


A organización do certame lembra que "Mesía ten un elevado número de cabezas de gando, sector fundamental da economía local". Ademais, teñen en conta a presenza de "empresas punteiras" coma a Casa Grande de Xanceda, que ten a súa sede no municipio.


Logo dunha primeira rolda de presentación de candidaturas, un grupo de expertos conformado por Santos Héctor (Deputación de Pontevedra), César Fernández (Deputación de Ourense), Manuel vázquez (Deputación da Coruña) e unha representante da FEGAMP, escolleron as vilas finalistas de cada categoría.


Os galardóns escollerán "Pueblo Agrícola", "Pueblo Tecnológico", "Pueblo Cultural" e "Pueblo Marítimo". Mesía compite na súa categoría con poboacións como Trascastro (O Incio), A Veiga (Ourense) e Meixide (A Veiga).


Hoxe abre o prazo para votar. Pódese facer nesta ligazón.


Comments


bottom of page