O Concello de Mesía ten funcionando dende hai un mes grupos de ximnasia de para contrarrestar o peche de actividades deportivas presenciais. A iniciativa comprende disciplinas variadas como a ximnasia e baile de maiores, a ximnasia de mantemento, o baile e aerobic infantil e xuvenil.
Para 'asistir' ás aulas envían ligazóns semanais ao ordenador, tableta ou teléfono móbil. Avisan do material caseiro necesario (sempre unha colchoneta polo menos) e pódese compartir con amizades. As aulas fanse a través da plataforma ZOOM.
Unha media de 40 persoas participan semanalmente neste servizo gratuíto. Coa entrada de decembro volven convocar á veciñanza a estas actividades físicas en liña baixo o título de '¡Móvete Mesía!'.
A inscrición pode facerse no 699 453 750.
Comments