O Concello de Mesía aprobou a semana pasada as bases reguladoras das súas axudas municipais para transporte escolar durante este curso. Esta liña ten a finalidade de facilitar o desprazamento diario aos estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra de Mesía. A contía total para estas axudas será de 6.400€ con cargo ao orzamento municipal de 2022.
O prazo de solicitude remata o 28 de outubro. Deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía. Pódese pedir máis información chamando ao 981 68 70 01.
Comments