Mesía, mellor concello agrícola nos Premios Pueblo del Año Galicia
- Crónicas da comarca
- 6 jul 2022
- 1 Min. de lectura

Mesía alzouse co galardón de "Mejor Pueblo Agrícola" nos Premios Pueblo del Año Galicia organizados polo Grupo Prensa Ibérica. A gala celebrouse na sede de Afundación de Vigo. Foron os internautas quen decidiron co seu voto a través das webs de Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña os gañadores do certame. A organización do concurso recoñece o peso do sector agrogandeiro na economía local, e o feito de que marcas punteiras como Casa Grande de Xanceda teñan a sede neste municipio da comarca de Ordes.
O alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, recolleu o premio.
Comments