top of page

Mesía organiza o campamento de conciliación para a Semana Santa



O Concello de Mesía anunciou que contará durante a Semana Santa co campamento de conciliación para que os pais e nais poidan deixar os seus peques mentras traballan. A programación incluirá xogos, obradoiros, bailes ou contacontos, todo para pasar unha mañá amena e divertida.


As prazas son limitadas e a inscrición permanece aberta ata o día 4 de abril. Haberá campamento os días 11, 12 ,13 ,18 de abril de 2022 en horario de 09:30 a 14:00 horas.

Para a inscrición é necesario cubrir a folla adxunta e entregala na casa da cultura ou envíala o correo: casadacultura@concellodemesia.gal.

Comments


bottom of page