top of page

Mesía presenta a programación de Nadal


Nesta ocasión non haberá excursión para patinar sobre xeo, pero regálanse entradas

O Concello de Mesía presentou recentemente as actividades e eventos para este Nadal no municipio. O 19 de decembro terá lugar a actividade 'Cociñando no Nadal en liña', seguida polo circo no CPI Xanceda o día 21. O 22 de decembro o paxe real visitará as unitarias de Visantoña e Olas.


O deporte solidario terá o seu lugar o día 27. Ese día celebrarase a Andaina e circuíto saudable, cuxa recadación se destinará a AECC e Cáritas para as familias necesitadas do municipio.


Do 28 a9 30 de decembro transcorrerá o campamento 'Concilia no Nadal', tanto con actividades presenciais como en liña. O 28 de decembro o 'Cociñando no Nadal en liña' chegará de novo, destinado esta vez aos pequeenos da casa.


Co novo ano chega, o día 4, o 'Tren dos Reis'. Os Reis achegaranse por todas as parroquias para ver ao aire libre aos nenos e nenas do concello de Mesía por seguridade ante a Covid-19 e para non acumular xente en cada parada, xa que Melchor, Gaspar e Baltasar levarán sorpresas para cada nena e neno inscritos.


Ademais, e dado que este ano non se pode facer a excursión, o Concello regala as entradas para a patinaxe sobre xeo en Área Central (Santiago) a empadroados. Os destinatarios serán a rapazada de 4 a 18 anos.


O Concello tamén lembra que mentres están suspendidas as actividades físicas presenciais, estas séguense facendo dende a casa co En liña, tamén no Nadal.

Commentaires


bottom of page