top of page

Miñones asegura que ningún goberno investiu en Cerceda como o de Pedro Sánchez



Os socialistas celebraron onte un encontro provincial con militancia en Cerceda no que estiveron presentes candidatos ao Congreso como José Miñones e Obdulia Taboadela e candidatos ao Senado como Xosé Sánchez Bugallo ou Natividad González Laso. Estivo tamén o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro.


Na súa intervención, o candidato socialista e ministro de Sanidade José Miñones salientou os investimentos do Goberno en Cerceda nos últios anos, que cifrou en catro millóns de euros. "Nunca ningún goberno investira esta contía", afirmou.


Pola súa banda, o exalcalde compostelán e candidato ao Senado Xosé Sánchez Bugallo incidiu no dato errado sobre vivendas sociais construídas pola Xunta que expuxo Alberto Núñez Feijoo no debate electoral do pasado luns. "É necesario pór a política de vivenda no centro das prioridades políticas", afirmou, lembrando que "en realidade foron unha ducia" as vivendas sociais creadas pola Xunta durante a era Feijoo.


Despois do encontro, os candidatos aproveitaron a ocasión para visitar a nova senda peatonal financiada polo Goberno, así como o Aquapark, que tamén contou con financiación estatal.

Comentarios


bottom of page