top of page

Mirás considera irresponsable manter as competicións deportivas de afeccionados malia a situación



O alcalde do Concello de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, participou hoxe nunha reunión coa Consellería de Sanidade para falar da actual situación epidemiolóxica e das novas medidas que entran en vigor mañá. Durante o encontro, Mirás manifestoulle aos representantes da sanidade galega e do comité clínico da Xunta que consideraba “unha irresponsabilidade que non se suspendan as competicións deportivas de afeccionados en ningunha das categorías”.


“Por exemplo, a Federación Galega de Fútbol está empeñada en que comecen a competir nas ligas de Rexional Preferente, Nacional de Cadetes, Xuvenís e Infantís, e iso non ten outra explicación que un interese económico e recaudatorio das federacións e das mutuas”, sostén o alcalde de Oroso.


Ademais, a posta en marcha destas competicións “supón outra carga máis para os concellos, que teremos que facer investimentos e poñer vixiancia nos campos, xa que falamos de clubs de deporte afeccionado que non teñen capacidade económica nin material para cumprir e facer cumprir os protocolos e as normas”.


“As autoridades sanitarias deben estar por enriba das federacións, por iso eu pido formalmente que se supendan as actividades deportivas de afeccionados, e sobre todo que non comecen as de fútbol, que son as que máis xente moven”, rematou Mirás.

Comments


bottom of page