top of page

Mirás tacha de lamentable que o PP tilde de partidarias as súas demandas para a veciñanza en redes


O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, mostrouse “moi sorprendido” polas críticas do PP local, que considera “partidistas” as súas demandas desde o concello por temas como o uso dos remanentes municipais ou a limpeza dos colexios. “Supoño que o que lle pasa ao señor Doval é que está acostumado a unha forma de facer política partidista e sen preocuparse dos veciños e veciñas”, afirma Mirás. “Como alcalde de Oroso, utilizo as redes sociais ou a web do concello para comunicar aos veciños as medidas que tomamos para mellorar a súa vida, nin máis nin menos”, engade Manuel Mirás, que solicita ao señor Doval “que traballe polo ben común e se una á demanda á Xunta para que cumpra coas súas competencias”.



Comentários


bottom of page