top of page

Mobilidade total por motivos familiares do 23 ao 25



A mobilidade será total en Galicia entre o 23 e o 25 de decembro, sempre que sexa por motivos de visita familiar. É a conclusión máis importante sobre as actualizacións do Plan de Nadal Galego que presentou esta mañá o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en rolda de prensa para dar conta dos axustes acordados polo Comité clínico.


García Comesaña precisou que a mobilidade aberta, mesmo en concellos perimetrados, operará das 00:00h do 23 ás 23:00h do 25. Esta mobilidade adicional tamén será extensiva para aquelas persoas que veñan a Galicia dende fóra. O toque de queda tamén se estende durante a Noiteboa, cando rematará á 1:30h.


A Xunta recomenda que as reunións familiares consten só de integrantes da mesma unidade familiar convivente, que non terá límites de persoas. Cando se xunten varios grupos conviventes, recomendan que sexan como máximo dous e cunha cifra de 10 persoas. Se foren máis de dúas unidades familiares as que se xunten na mensa, o límite é de 6 persoas maiores de 11 anos e ata 4 nenos menores de 10 anos.


O conxunto destas medidas pode ser obxecto de novas modificacións de acordo á evolución epidemiolóxica de Galicia na vindeira semana, así, o próximo 28 de decembro o Comité clínico voltará reunirse para avaliar os datos dos festexos do Nadal.

Comentários


bottom of page