top of page

Morre unha muller na colisión entre un coche e un camión en Tordoia

Unha muller finou hoxe nun accidente de tráfico entre un coche e un camión rexistrado en Tordoia. Malia os esforzos, os servizos sanitarios nada puideron facer pola vida da implicada, que viaxaba no turismo e cuxo corpo tivo que ser liberado polos Bombeiros de Ordes.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente, rexistrado no quilómetro 10 da DP-8401 (Castenda da Torre), a través dunha chamada do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 minutos antes das 13 horas. Naquel momento, indicaron que podía haber persoas atrapadas e que estaban a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Rapidamente, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Ordes, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Tordoia.Os servizos sanitarios trataron de reanimar á muller, que finalmente faleceu.

Comments


bottom of page