top of page

Morre unha persoa en accidente de tráfico en Trazo



Unha persoa faleceu hoxe e dúas resultan feridas en Trazo despois de saírse da vía o vehículo no que viaxaban e chocar contra unha árbore. Unha persoa particular foi quen, ao fío das doce e media desta madrugada, contactou co 112 Galicia para informar dun coche accidentado contra unha árbore, na estrada que une Chaián e Trazo, aproximadamente, a cincocentos metros do cruce do termo municipal de Trazo. No seu relato, aseguraba, ademais, que era precisa a intervención dos profesionais sanitarios.


Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, tras chegar ao lugar, só puideron confirmar o falecemento dunha das persoas que viaxaba no vehículo. Así mesmo, indicaron que outras dúas persoas foran trasladadas ao centro hospitalario de referencia.


Do suceso tamén foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Ordes.

Commenti


bottom of page