top of page

Multitudinaria romaría da Nosa Señora das Virtudes en Vitre (Frades)



Preto de 6.000 personas participaron na romaría da Nosa Sra. das Virtudes na parroquia de Vitre ( Frades), que comezou o venres co translado da Virxe dende a igrexa parroquial a capela. Mais de 250 grupos de familias e amizades desfrutaron durante toda a xornada do sábado dos actos relixiosos e da posterior gran festa amenizada por charangas e grupos musicais ata ben entrada a madrugada.



A comisión de festas da A.VV "San Juan" de Vitre agradece o bo comportamento das persoas asistentes e tamén agradece a axuda de toda a xente que colaborou para que se levara a cabo esta bonita festa.

Comentários


bottom of page