top of page

Multitudinario rexeitamento á violencia en Ordes

Actualizado: 8 jul 2021


Centos de persoas concentráronse onte en Ordes para condenar o asasinato do mozo Samuel Luiz na Coruña, reclamando xustiza para un crime do que non se descarta a compoñente homofóbica polo asañamento que produciu a morte do rapaz, de tan só 24 anos.A concentración foi convocada por Avante LGBT.

En Cerceda, membros da corporación, traballadores e traballadoras do Concello de Cerceda gardaron un minuto de silencio en repulsa polo crime.


De confirmarse un móbil homófobo, viría sumarse á agresión que apenas unha semana antes sufrira un matrimonio homosexual atacado cunha porra extensible, tamén na Coruña. O Ministerio do Interior vén observando un incremento continuado dos delitos de odio por orientación ou identidade sexual en España desde 2016. Entre ese ano e 2019 pasaron de rexistrarse 169 a 278 ataques anuais dos que se teña coñecemento, nunhas cifras que non amosan toda a dimensión do fenómeno.


En Oroso, pola súa banda, tamén houbo unha concentración diante do Concello en repulsa polo crime.




Comments


bottom of page