Normas sanitarias para o Día de Defuntos
- Crónicas da comarca
- 28 oct 2020
- 1 Min. de lectura

Achégase a celebración da festividade do Día de Defuntos e de Todos os Santos. Unha data na que se produce a agrupación nos cemiterios de moitas persoas nun curto período de tempo, moitas delas vulnerables. Tamén hai máis desprazamento entre localidades e o consecuente encontro de unidades familiares de distintos ámbitos territoriais. É por iso que a Dirección Xeral de Saúde Pública elaborou un documento cunhas recomendacións para minimizar o risco de transmisión do virus.
Estas recomendacións inclúen evitar o contacto físico e manter a distancia de seguridade interpersoal de metro e medio. As visitas deberían xuntar como moito a catro persoas e durar menos de media hora. A máscara será obrigatoria. Non se poderá fumar na vía pública ou en espazos ao aire libre cando non se poida respectar unha distancia mínima interpersoal de, polo menos, 2 metros. A hixiene de mans volverá ser fundamental.
Comments