Oroso conta dende hoxe con dúas novas fontes que ofrecen auga potable á veciñanza e peregrinos. Atópanse situadas no Carboeiro e na Baixoa e forman parte da rede de fontes do Camiño Inglés.
O alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, inaugurou a fonte do Carboeiro acompañado pola tenente de alcalde, Beatriz Rodeiro. Pola súa banda, Antonio Leira acudiu ao acto da situada no parque de San Caetano de Santiago.
“É un servizo máis, tanto para os peregrinos como para os nosos veciños e veciñas, xa que pola súa ubicación estamos convencidos de que as fontes se utilizarán moito”, afirmou o alcalde.
“A finalidade deste rede piloto de fontes públicas é ofrecer aos peregrinos un punto de abastecemeento seguro, ao tempo que se promove un consumo sostible e reducimos o consumo de plásticos”, manifestou Antonio Leira en Santiago.
As fontes están ubicadas en Oroso, Santiago, Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Abegondo, Mesía e Ordes. As fontes construíronse dentro do proxecto europeo Life Water Way, cofinanciado pola Deputación da Coruña.
Comentários