A Concellaría de Obras de Oroso está realizando traballos para a colocación de nova sinalización e o repintado de varias rúas e prazas do casco urbano de Sigüeiro que foron aglomeradas hai uns días. Ademais, vanse repasar todos os pasos de peons do casco urbano, para mellorar a seguridade viaria e reducir o risco de atropello.Estas actuacións, xunto aos traballos no pavimento de varias rúas, teñen un orzamento de 55.000 euros.
Os traballos para renovar o firme realízáronse na Praza Isaac Díaz Pardo, rúa Lengüelle, rúa da Cultura, rúa Tambre, rúa Batalla, rúa do Portiño e a zona da praza de Alexandre Bóveda. O mantemento nas melloras condicións das vías e camiños municipais é unha prioridade, aseguran dende o grupo de goberno. Estas actuacións forma parte do plan integral de mellora e renovación dos servizos e infraestruturas de Oroso, tanto no centro urbano como nas parroquias.
Comments