top of page

Novo curso de formación electrónica en Oroso



Oroso celebrará en breve un curso de iniciación a Arduino. Este curso pretende dar a coñecer os mecanismos de programación da placa Arduino, os seus principais características, usos e aplicacións. Xa que o obxectivo principal de Arduino é interactuar co mundo físico, inclúense neste curso os coñecementos e recursos necesarios para actuar no mundo real e recoller información deste.


Ademais, impartiranse unhas nocións básicas de electrónica que serán necesarias para traballar con seguridade cos compoñentes electrónicos e realizar correctamente todas as prácticas.


Tras finalizar o curso, os alumnos, aínda sen ter coñecementos previos nin de electrónica nin de programación- contarán coas habilidades, recursos e coñecementos necesarios para poder planificar, deseñar, prototipar e construír polo seu propia conta circuítos con Arduino dunha complexidade moderada.


Contidos

Os contidos do curso comprenden os temas fundamentais para dominar os periféricos máis comúns de Arduino e os temas acompáñanse cun proxecto transversal para poñer en práctica cada un dos apartados estudados durante o curso. Incluirán unha introdución á computación física e a Arduino, electrónica analóxica elemental, saídas dixitais, entradas dixitais, estruturas de control, entradas analóxicas e saídas (case) analóxicas. Ademais haberá dous proxectos: transversal (programación e montaxes de proxectos en común) e persoal (inicio dun proxecto individual de libre elección).


Ao tratarse dun curso de iniciación, os coñecementos previos necesarios serán os básicos de informática e un manexo fluído dos ordenador. Pódese pedir máis información na

Aula Mentor EducaOroso, na Rúa do Deporte, nº 7 – Sigüeiro, ou no correo educaoroso@oroso.gal. Tamén chamando ao 981 97 39 27. A solicitude de matrícula faise nesta seguinte ligazón.



Comments


bottom of page