O vindeiro luns, 17 de outubro, bota a andar Corresponsables Tordoia, un novo servizo de conciliación dirixido a nenas e nenos de ata 16 anos. As actividades realizaranse de luns a venres en horario de 16.30h a 20.30h. Terán lugar na Casa da Cultura, aínda que se o tempo o permite tamén se poden realizar noutras instalación públicas do concello.
Neste programa a asistencia pode ser por horas ou días soltos según lle conveña ás usuarias ou usuarios, aclaran dende o Concello. A actividade é de balde e as prazas son limitadas.
Pódese solicitar máis información e inscricións na Casa da Cultura pola tarde (981 68 30 06) ou no teléfono 650 070 085 pola mañá.
Comments