top of page

Novos éxitos do Xadrez Oroso


O Club Xadrez Oroso informou onte de novos éxitos deportivos. O sábado tivo lugar o Torneo de Promoción de Ferrol no que participaron catro xogadores do Club (Zaira, Christian, Enma e Jesús). Os resultados fináis foron espectaculares, consideran dende o club.


Enma Campelo Mallo proclamouse Campioa da categoría Sub-10 no seu primeiro ano como xogadora de xadrez. Pola súa banda, Christian Noya Mellado con tan só 7 anos fixo un gran torneo contra riváis de máis idade e proclamouse Campión Sub-12. Zaira Campelo Mallo, ós seus 7 aniños (das máis novas do club) segue impresionando coa súa espectacular progresión despois de triunfar durante todo este pasado verán e proclamouse Campioa Sub-18 nun fantástico torneo. Acadou ademáis o 8º posto na categoría absoluta/adulta e quedando por enriba de xogadores adultos máis veteranos.

A canteira do Club Xadrez Oroso copou os podiums neste torneo de Ferrol. Para o club é un motivo de orgullo que o leva a seguir traballando polo xadrez en Oroso e comarca.



Comments


bottom of page